Conecta Savia

O futuro dos nosos montes é de todos

XESTIÓN FORESTAL CONXUNTA.- SOFOR SANTA JULIANA SL (SOFOR-007)

INTRODUCIÓN XERAL 

Coa publicación o 23 de marzo de 2011, do Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro, abriuse unha nova oportunidade para a xestión forestal conxunta dos montes galegos, e a posibilidade de mellorar a ordenación, xestión e aproveitamento dos predios forestais.  

Así, os veciños de Santa Juliana (A Fonsagrada – Lugo) iniciaron no ano 2015 o proceso de constitución grazas ao asesoramento da entidade SORTEGAL, a cal está formada por Enxeñeiras/os de Montes e Enxeñeiras/os Técnicos Forestais con ampla experiencia na xestión forestal. 

SOFOR SANTA JULIANA SL.

A Sociedade de Fomento Forestal SOFOR SANTA JULIANA SL está localizada no concello de A Fonsagrada, e foi a primeira en constituírse na provincia de Lugo. Abrangue unha superficie total de 188,97 ha agrupando a propiedade de 18 socias/os, as cales levan a cabo a xestión conxunta da súa propiedade, algo que se facía de xeito individual ata a constitución da SOFOR con plantacións de piñeiro, aproveitamento de leñas e castañas e non aproveitando diversas zonas rasas. 

Dende a súa constitución, a implicación das socias/os permitiu mellorar o estado da propiedade forestal incluída nos seus límites. 

DATA CONSTITUCIÓN: 04/05/2015 

DATA INSCRIPCIÓN DEFINITIVA SOFOR: 25/08/2017 (SOFOR-007) 

 

EVOLUCIÓN DO ESTADO FORESTAL DA SOFOR SANTA JULIANA (%) 

   % ANO 2015  % 2022 
FRONDOSAS CADUCIFOLIAS  34 %  40 % 
SP CRECEMENTO RÁPIDO  12 %  46 % 
RASO  51 %  9 % 
PISTAS/IMPRODUTIVO  3 %  5 % 
  100 %  100 % 

 

  Superficie (ha)  VARIACIÓN % 
ZONA  ANO 2015 CONSTITUCIÓN  ANO 2022  

ACTUALIDADE 

Mestura frondosas caducifolias (Cs/Qr/Ba/Qp)  63,81  76,29 (40,37 % s/total)  19,56 % 
Especies de crecemento rápido  23,12  87,10  376,67 % 
Improdutivo/pistas  5,49  8,23  49,91% 
Terreos rasos  96,55  17,35  -82,20 % 
TOTAL  188,97  188,97   

 

A SOFOR Santa Juliana dispón actualmente dunha importante superficie frondosa (40,37 %), principalmente ocupada por castiñeiro (Castanea sativa), carballo (Quercus robur), bidueiro (Betula sp) e rebolo (Quercus pyrenaica). 

En canto ás especies de crecemento rápido existentes dentro do perímetro da SOFOR, destacan o piñeiro bravo, o piñeiro radiata e o eucalipto. 

A constitución da SOFOR permitiu a redución nun 82,20 %  da superficie de terreos rasos e o aumento da densidade de pistas existente, mellorando sen dúbida a accesibilidade aos terreos xestionados pola sociedade.

ACTUACIÓNS REALIZADAS 

Dende a constitución, tanto con fondos propios como con fondos públicos, leváronse a cabo diversas actuacións de mellora dentro da SOFOR co obxectivo de mellorar o estado forestal e contribuír á mellora sanitaria, á mitigación do cambio climático e a prevención de incendios forestais.  

A inversión anual media dende a súa inscrición definitiva, ascende a 60.000 €. As actuacións máis destacadas durante estes anos son as seguintes: 

            A. PREVENCIÓN DE INCENDIOS 

Realización de rozas e devasas, e a construción de 2 depósitos de incendios de 110.000 litros de capacidade localizados en zonas estratéxicas e que permiten loitar contra os incendios forestais. 

            B. SILVICULTURA 

Actuacións centradas na mellora silvícola, consistente en rozas, podas, rareos, tallas de formación de masas frondosas, nunha superficie de 50 ha. 

            C. FORESTACIÓN 

As plantacións realizadas, tanto con fondos propios como con axudas públicas, permitiron reducir dun 51 % ata un 9 % da superficie total, a superficie rasa existente. 

            D. MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS 

Mellora e acondicionamento da rede viaria nun total de 2,5 km. 

            E. TRATAMENTOS FITOSANITARIOS 

Realizouse o tratamento fitosanitario nunha superficie de 45 ha e así mitigar e prever os ataques fúnxicos ás masas de coníferas.

            F. OUTRAS ACTUACIÓNS 

  • Elaboración do Proxecto de Ordenación de Montes. 
  • Rexistro de masas frondosas caducifolias nun total de 45,69 ha. 
  • Colaboración con 2 estudantes do CICLO FORMATIVO GRADO SUPERIOR GESTIÓN Y ORGANIZACIÓN DE RECURSOS NATURALES Y PAISAJÍSTICOS do IES A Terra Chá José Trapero Pardo – Castro de Rei. 
  • Participación no Proxecto de absorción de CO2 (TROCO2), promovido pola DXPOF (Consellería do Medio Rural – Xunta de Galicia). 

 

A SOFOR SANTA JULIANA é un exemplo de xestión forestal sostible e resiliente co medio, e sen dúbida, a xestión forestal conxunta é de vital importancia para obter un monte ordenado e de futuro, contribuíndo á mitigación do cambio climático e a prevención de incendios forestais. 

Mitigación do cambio climático e compensación da pegada de carbono. 

A SOFOR Santa Juliana participou no proxecto TROCO2, onde puido calcular a fixación de carbono dispoñible para poder compensar a pegada de carbono, e que ascende a 1.100 tn CO2 totais aos 30 anos. 

ENTREVISTA AOS SOCIOS DA SOFOR SANTA JULIANA. Por María Esther Sánchez Barreiro 

Que supuxo para as veciñas/os de Santa Juliana a creación da SOFOR? 

A implicación das administracións públicas, principalmente da Xunta de Galicia, das socias/os da Sociedade e o feito de contar con persoal técnico competente en materia forestal contratado da entidade SORTEGAL, permitiu mellorar o estado inicial do monte e así obter un maior beneficio económico nun futuro, mellorando a calidade de vida da poboación en xeral, e da súa contorna en particular, promovendo un uso sostible dos recursos e previr riscos de incendios forestais, facendo así un monte máis sostible e resiliente. 

Destacar que o 80 % do importe das actuacións realizadas foron financiadas pola Xunta de Galicia, a cal, coa súa implicación e aposta inicial por este tipo de agrupacións de xestión forestal conxunta, permitiron mellorar o estado inicial da superficie da SOFOR. Por iso, dende a nosa opinión, as Administracións deberían apostar por este tipo de figuras de xestión forestal conxunta. 

 

Que actuacións teñen previstas realizar no futuro 

O noso obxectivo é consolidar a masa forestal existente e conseguir un monte ordenado, sostible e resiliente. 

A SOFOR Santa Juliana está localizada ao carón do río Lamas e do Castro do medio, polo que o entorno permite traballar na mellora da calidade de vida da poboación, e así, coa axuda do Concello de A Fonsagrada, trataremos de poñer en valor dende o punto de vista ambiental e cultural o entorno do río Lamas cunha actuación que permita o desfrute do entorno fluvial existente coa creación e mellora dun sendeiro e unha área de lecer. 

Actualmente estamos a executar o proxecto de MELLORA DE ACCESIBILIDADE E HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS EN SANTA JULIANA (A FONSAGRADA – LUGO), que se centra no entorno do cemiterio de Santa Juliana, financiada pola Deputación de Lugo. 

Coa axuda da Xunta de Galicia actuaremos en 1,5 km de viario existente o que permitirá mellorar a accesibilidade do monte. 

Do mesmo xeito, e ante o recente anuncio da Xunta de Galicia, solicitaremos as axudas para a mellora dos soutos de castiñeiro existentes na SOFOR co obxectivo de obter un aproveitamento de castañas que contribúa a dinamizar o medio rural, xerar emprego e fixar poboación. 

Poñer a disposición dos interesados as 1.100 tn CO2 de absorción das que dispón o noso monte. 

SORTEGAL (Servizos de Ordenación do Territorio de Galicia) 

A entidade SORTEGAL nace no ano 2015 en Lugo, co obxectivo claro de traballar por e para o medio rural por medio da xestión forestal sostible. Os máis de 15 anos de experiencia do seu persoal técnico permite realizar traballos en diversos eidos como a topografía e os deslindes, a ordenación de montes, a xestión catastral, proxectos forestais, e o asesoramento técnico aos seus clientes.