Conecta Savia

O futuro dos nosos montes é de todos

Casas modulares sustentables: o reto do sector inmobiliario para unha edificación máis ecolóxica

No sector inmobiliario adoita a ser complexo a xeración de predicións a longo prazo debido á crise. Non obstante, existe unha tendencia clara á hora de construír novas vivendas unifamiliares creadas dunha maneira industrial nunha fábrica: as casas modulares prefabricadas.

Debido a que se sitúan á vangarda na innovación tecnolóxica, a cadea de fabricación está controlada ata o máis mínimo detalle e os materiais que empregan para a súa construción son de última xeración.

Este novo modelo de vivenda, elixido actualmente por compradores que acceden ao marcado buscando espazos máis amplos tras o confinamento vivido en 2020, conta cunha ampla oferta de variedades modulares que, nos últimos anos, viuse ampliada pola posta en marcha de solucións sostibles e ecolóxicas.

Pero, que aspectos deben terse en conta para que unha casa modular sexa ecolóxica e sustentable? Podemos atopar aquí diferentes conceptos, o primeiro relacionado coa ecotecnoloxía e, o segundo, coa sostibilidade.

Se por ecotecnoloxía entendemos o conxunto de técnicas aplicadas para garantir o uso sostible dos recursos naturais, debemos aplicar tanto a ecoloxía como a tecnoloxía. A fusión destes dous campos realízase tanto na produción das materias como nas pezas das casas prefabricadas, aínda que podemos completar o uso da ecotecnoloxía co uso eficiente dos recursos naturais unha vez que a vivenda xa se pon a disposición para poder ser habitada a través da instalación de climatización, a orientación para orientala cara o maoir aproveitamento de luz e a eficiencia enerxética.

A importancia dos sistemas de illamento

Cos últimos avances neste sentido, os sistemas de illamento reducen a cantidade de CO2 preciso para emitir calor en inverno e aire frío en verán. Normalmente, as vivendas modulares dispoñen dun illante térmico de longa duración que evita posibles filtracións de aire, auga e humidades que puideran deteriorar a estrutura da casa ao longo dos anos.

Entre os materiais illantes que nos atopamos, pódense diferenciar ata catro tipos: paneis de poliestireno expandido, fibra de madeira, la mineral ou cortiza.

Os paneis de poliestireno expandido adoitan a fabricarse reciclando outro tipo de materiais, polo que son respectuosos co medio ambiente aínda que posúen unha baixa impermeabilidade aínda que o seu illamento sexa bastante alto. Por outra banda atopámonos coa fibra de madeira, material 100% ecolóxico, que ten unhas características mecánicas cun alto grado de calidade, xa que coa súa instalación podemos facer un axuste efectivo da humidade ambiental, ten alta permeabilidade e un illamento excelente. Por outra banda, os custos deste tipo de material poden incrementarse en comparación cos paneis de poliestireno.

Se pensamos en zonas de alto risco de incendio como poden ser espazos preto de masas forestais ou no rural galego, a la mineral pode ser un material a empregar como illamento moi axeitado. A súa estabilidade química impide a formación de mofo, fungos ou insectos, aínda que é un material moi lixeiro, polo que se reforza externamente cunha capa de xeso grosa.

Por último, a cortiza é un material transpirable, resistente á auga e cun alto grao de illamento, tanto de xeito térmico como acústico, creando unha protección de moi alta calidade ao microclima que se crea dentro da vivenda modular.

O aproveitamento da enerxía para reducir a pegada de carbono

Unha das características máis importantes das casas modulares é que, moitas delas, aproveitan a oportunidade de facer unha instalación de paneis solares para recibir e conservar a enerxía xunto co uso dos electrodomésticos de baixo consumo, conseguindo que o fogar consuma só o 10% do que unha vivenda convencional pode precisar.

A cultura da construción prefabricada e as enerxías renovables van da man, e por iso é moi habitual atopar casas modulares con sistemas de autoconsumo como aerotermia ou enerxía fotovoltaica.

Debido a que a construción realízase dun xeito personalizado, este tipo de vivendas acostuman a ser moi ergonómicas. É dicir, as casas modulares teñen unha demanda enerxética moito menor que as convencionais polo aforro creado en instalacións solares illadas conectadas á rede como no aforro enerxético.

Os fabricantes de vivendas prefabricadas acostuman a facer preinstalacións de sistemas de placas solares na casa, facilitando a instalación de paneis fotovoltaicos e a súa instalación eléctrica posterior. En pouco tempo, os usuarios poden ver amortizada a súa inversión, rendibilizando os custos e pagando moito menos na factura da luz, un dos temas que está máis de actualidade en 2021.

Con respecto á aerotermia, é outro dos xeitos nos que as casas modulares poden reducir a pegada de carbono aproveitando a enerxía natural. Con esta tecnoloxía, a enerxía ambiental do aire, mesmo en temperaturas extremas, pode transferirse a través dun ciclo termodinámico que emprega gas refrixerante comprimido a moi baixa temperatura para extraer calor do aire exterior cunha alta eficiencia, clasificada pola Unión Europea como sostible e que permite que unha vivenda deste tipo poida funcionar exclusivamente con electricidade producida por aerotermia, sen contratar gas ou subministración de combustible.

A construción dunha vivenda modular de consumo case nulo

A construción de casas prefabricadas que poidan realizar un consumo case nulo de enerxía debe realizarse a través dun exhaustivo estudo relacionado co seu alto nivel de illamento.

É moi importante lembrar que este tipo de construcións é moi sinxela e responde a un sistema no que partimos dunha serie de seccións estandarizadas cun ensamblado que en definitiva vaise producir no terreo ou parcela na que se determine a súa construción. O que define este tipo de proceso de ensamblaxe de vivendas é a que cada unha das partes lévase a cabo por diferentes lados ata que finalmente se unen.

Dentro deste tipo de casas, denominadas pasivas, existen catro elementos específicos para acadar o ansiado consumo case nulo de enerxía, como pode ser a eliminación das pontes térmicas, a recuperación do calor xerado, a estanqueidade ao aire e a instalación de fiestras de alta gama.

Este tipo de fiestras, debido ao deseño bioclimático, non se abren para facer que o calor desapareza da estancia, senón que o sistema de ventilación ecoeficiente modula a temperatura coa renovación de aire.

O obxectivo de poder contar cunha casa de consumo case nulo para unha familia pode ser un aliciente moi suculento para a venda de vivendas unifamiliares modulares.