Conecta Savia

O futuro dos nosos montes é de todos

A muller rural, o piar da nosa sociedade

Durante anos, as mulleres traballaron no campo e na casa a partes iguais. Eran nais, avoas, fillas… que logo de realizar as tarefas do agro, pasaban o ferro durante a noite, zurzían a man a roupa ou prepararan o almorzo do día seguinte. 

Son mulleres que acompañaban aos homes na vendima e que cando chegaban á casa, coidaban tamén de toda a familia. Uns traballos que nunca se lles recoñeceron, porque nunca se incluiron nas estatísticas oficiais como “mulleres traballadoras”. E un esforzo, o de todas elas, sen o que hoxe non estaríamos aquí. Son a columna vertebral das nosas áreas rurais e, non hai dúbida, seguen exercendo un papel multifuncional, xa sexa como empresarias agrarias ou como traballadoras en explotacións familiares.  

Precisamente para poñelas en valor, como cada ano dende o 2008, o pasado mes de outubro, conmemoramos o Día Internacional das Mulleres Rurais. O obxectivo desta efeméride é recoñecer á muller rural pola súa contribución no desenvolvemento rural e agrícola; pero tamén, pola súa contribución á mellora da seguridade alimentaria. Anos despois, segue sendo preciso conmemorar esta data e reinvindicar con forza as súas necesidades.  

Ben é certo que quizais as áreas rurais foron máis resilientes que as urbanas fronte aos efectos da crise motivada pola pandemia. Con todo, a poboación na contorna do rural caeu nun 7% nos últimos anos no conxunto de España. Os gobernos e a sociedade debemos prestar atención ás necesidades das mulleres do rural. 

En Galicia, a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) tamén quere poñer en valor o papel femenino no sector. Para iso, a entidade puxo en marcha no 2019 #ElasXeranSector, un movemento que quere visibilizar o talento das mulleres e que está presente no mundo forestal. Trátase de evidenciar que as mulleres están no ADN deste sector. Precisamente neste sentido, promovéronse actuacións de comunicación protagonizadas por mulleres, adquiriuse o compromiso de contar con ponentes femininas en todos os eventos e conferencias organizados pola Axencia Galega da Industria Forestal, así como actividades formativas. Este é o camiño a seguir.